Showcooking na Milagrosa

O pasado mércores 25 de setembro Ana Oca, ex-concursante e finalista de Master Chef Junior visitou o noso colexio para mostrarnos a través dunha sesión en directo de cociña (showcooking) diferentes maneiras de elaborar peixe coa finalidade de facerlle este alimento máis atractivo aos nosos pequenos.

Primeiro elaborou uns nuggets de peixe sapo, máis adiante unha hamburguesa de pescada e finalmente un taco de gallo. Todo tiña unha pinta boísima como se pode apreciar nas imaxes!

A prensa local tamén se fixo eco deste acontecemento en La Voz de Galicia.

Vídeo do evento https://youtu.be/pPduF8o6QcA