Merenda de 6º

O pasado venres 21 de xuño os alumnos de 6º celebraron a súa tradicional merenda acompañados das súas familias, xunto co patronato da fundación e o profesorado, para conmemorar o seu paso polo colexio.

Recibíronse agasallos por ámbalas dúas partes, e léronse textos emotivos redactados especialmente para o evento. Entre os regalos destacou un cadro fermosísimo elaborado por dúas alumnas, no que se pode apreciar o colexio e unha imaxe da Virxe Milagrosa.

 

 

 

 

 

 

Este acto simboliza o fin dunha etapa e o comezo dunha nova. Esperamos que os nosos alumnos garden tan grato recordo coma temos nós deles. Moita sorte.