Festas da Milagrosa 2019

Estes pasados 26 e 27 de novembro celebramos as festas da Milagrosa no colexio. O luns 26 tiveron lugar as carreiras de cada un dos cursos, nos que os nosos alumnos deron o mellor de sí mesmos arroupados por unha entregada aficción formada por nais pais e avós, ademáis do resto do alumnado. Ao finalizar cada unha das carreiras entregábaselles aos participantes un pequeno aperitivo para repoñerse despois de tan grande esforzo.

Unha vez rematada a competición procedeuse á entrega de trofeos nunha sala chea cos participantes e coas familias que puideron asistir a tan sinalado acontecemento. Os premios foron entregados aos tres primeiros clasificados tanto en categoría feminina coma masculina, onde en varios casos houbo que recorrer ao vídeo para comprobar que as posicións eran as correctas. Menos mal que estamos á última en tecnoloxía! Tamén tivo lugar o sorteo dunha torre de son na que unha man inocente foi a encargada de repartir a sorte entre as familias que posuían as rifas e se animaron a colaborar para a realización do evento.

Cando terminou a entrega de trofeos os alumnos de 6º de primaria levaron a cabo o seu “mercadillo” tradicional no que recaudan cartos para a súa excursión ao final do curso. Levan os xoguetes cos que xa non xogan e os contos que xa non len para, por un precio módico, pasarllos aos máis pequenos facendo desta maneira unha labor de reciclaxe tan importante nestes días. Esta reunión comercial tivo unha grande acollida e foron numerosos os nais, pais, avós e avoas que se animaron a mercarlle un xoguete ou un conto aos máis pequenos da súa familia colaborando deste xeito coa excursión dos alumnos de 6º.

Xa pola tarde comezou a parte máis lúdica destas as nosas festas. O alumnado de infantil desfrutou da actuación do grupo de animación infantil “Las Pamisukis”, que fixeron as delicias dos máis novos con cancións, xogos e coreografías. Incluso tiveron unha visita inesperada, e é que veu a saudalos Sky, unha das integrantes máis queridas da famosa “Patrulla Canina”, sobre todo polas nenas. Foin unha tarde na que desfrutaron moito xogando e bailando as súas canción favoritas.

Mentres esto tiña lugar, os alumnos de primaria foron todos ao pavillón a desfrutar dunha gran variedade de xogos e actividades. Nada máis chegar xa había un DJ que animou en todo o momento aos rapaces e rapazas que desexaron participar nos bailes e coreografías que propoñían con grandes éxitos tanto actuais coma xa de fai un tempo. Houbo moitas risas entre os nenos e tamén coa intervención dalgún dos profesores alí presentes. Pero mentres esto tiña lugar tamén houbo quen preferiu xogar ao fútbol, baloncesto ou a xogos máis populares coma a a corda, a buxaina ou a culler e o ovo, aínda que para non poñer todo perdido e non andar xogando coa comida sustituíronse os ovos por pelotas de ping pong. E os máis valentes atrevéronse a cruzar a escaleira só coa forza dos seus brazos, e é que temos uns grandes atletas no noso colexio!

Ao remate das actividades lúdicas había que repoñer forzas na tradicional merenda no comedor do colexio que ofrece a asociación de nais e pais xunto coas familias que queren colaborar aportando algunha vianda para o desfrute de todo o que queira alí asistir.

 

DÍA 27 DE NOVEMBRO. DÍA DA MILAGROSA

O día 27 foi o día da Virxe Milagrosa, patroa do colexio, e fomos á catedral a darlle as gracias por estar con nós e axudarnos en todos os momentos en que precisamos dela. Celebrouse ás 12 do mediodía coincidindo coa misa do peregrino e asistiu toda a educación primaria do centro así coma os alumnos de infantil que quixeron ir xunto con algún dos seus familiares.

 

Foi o noso coro e rondalla os que puxeron a nota musical á cerimonia, deixando ben alto o pavillón do noso colexio coa súa excepcional actuación e demostrando aos asistentes o ben coordinados que están e o ben que o poden facer.

E este foi o colofón das nosas festas que esperamos que fosen do agrado de todos os que as desfrutaron. Antes de rematar con esta crónica queremos agradecer á directiva da ANPA a súa implicación nesta celebración, que fai posible que se desenvolva dunha maneira máis doada coa súa inestimable axuda. Grazas a eles e a todos os que colaboraron nunha nova edición das nosas festas, as festas do Colexio La Milagrosa!

Galería completa de imaxes