Charla doazón de órganos

Este xoves pasado os alumnos de 6º de primaria tiveron unha charla impartida pola Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) coa finalidade de conciencialos da importancia da doazón de órganos.

España está á cabeza mundial neste apartado, pero Galicia está moi por debaixo da media española polo que o fomento desta iniciativa é de vital importancia xa que do que estamos a falar é de salvar vidas. Cada un de nós pode doar seis órganos vitais (corazón, pulmóns, ril, páncreas, fígado e intestino) e a médula espinal, os cales lle poden dar unha nova oportunidade de vivir a outra persoa.

A charla discorreu de forma amena xa que se lles invitaba a participar de maneira continuada e eles se mostraron participativos e interesados no que se lles estaba a contar, polo que se pode dicir que foi unha actividade moi productiva.