ANPA

A ANPA do Colexio La Milagrosa compoñémola un grupo de nais e pais que temos por obxectivo a colaboración cos profesores do Centro en diversas actividades e a organización doutras pola nosa parte en proveito dos nosos fillos. anpa

Entre as actividades fixas das que nos ocupamos curso tras curso están: a celebración da festividade da Milagrosa, a excursión da ANPA que, normalmente, se leva a cabo ao final do curso coma un día de lecer, no que participamos pais, profesores e alumnos do Centro.

Con carácter puntual temos organizado algunha outra actividade, coma as colonias celebradas este pasado Nadal en colaboración co Concello de Santiago e outras algo máis lonxanas no tempo como foi a peregrinación dende O Cebreiro, que fixemos algúns pais-nais e profesores, no Ano Santo de 2004.

Por último, estamos atentos ás necesidades do Centro e, así, doamos fondos para a excursión de fin de curso de sexto de primaria…

Contacta…

Para contactar coa ANPA podes facelo:

Os Luns, mércores e venres 09,30 a 10,00

A través do enderezo  anpa.milagrosa@gmail.com

No seu grupo de Facebook: ANPA LA MILAGROSA

 

Composición da Xunta Directiva

Presidente: Marcos Manuel Salgado Uzal.

Vicepresidenta: Tania Otero Mourís.

Secretaria: Mónica Triáns Mansilla.

Tesoureira: Esperanza Gómez Güeto.

Vocais: Ángela Pombo Suárez, José Carlos Ferreira Couselo, Ramón Fernández Ponte, Óscar Seoane Martínez, Thierry Berger de Parsevai.